quinta-feira, 29 de novembro de 2007
1811
Pasaran xa doce longos anos naquela casa e parecía que xa formaba parte do enxoval. Raras veces, a escasa xente que por alí pasaba reparaba en mín pra fitarme ou adicarme unas verbas. Só os xoves me acicalaban coidadosamente coma un meniño nun día de festa.
Anceiaba que chegase ese día e con el a limpeza e os aloumiños.
Era unha das poucas satisfaccións que podía recibir naquel vello e escuro pazo. O ar facíase naquel día máis respirable, polos recendos que fuxían dos xabóns que usaba o persoal do servicio.
O cuarto onde eu estaba tiña unha fiestra que daba ó pantano, que a simple vista non parecía gardar tanta vida como en verdade tiña. Algunhas noites os lobos rondaban nel á busca dalgunha presa que levar á boca. E os seus ouveos, lonxe de meterme medo, facíanme sentir menos só do que en realidade estaba.
Todo mudou unha noite de novembro do 1811. Dúas aldrabadas ecoaron no vello pazo rachando aquela tranquilidade na que eu me atopaba. O rinchar do vello e pesado portón de carballo, advertiume de que aquela noite tería visita.
Anque non era xoves o ar encheuse de vida e frescura. Unha voz feminina, doce e lene, como poucas oíra na miña vida, preguntou -¿hai alguén…?
No sei por qué pero … non respostei, anque desexaba telo feito, no canto diso, déuseme por xogar coa miña inesperada invitada e ficar quedo coma se fose un trebello máis dos que alí había.
Oín pasos escada arriba, os vellos chanzos da escaleira de carballo chiaban de dor debaixo dos delicados e pequerrechos pes da miña óspede, so iso xa daba lixeira impresión do lamentable estado no que se atopaba o pazo.
- Hola -¿hai alguén aquí…? Repetía coma se dunha aburrida canción infantil se tratase. Eu seguía sen contestarlle, anque o que máis desexaba era ve-la súa face cando me vise.
Naquel intre comezou a chover e aveciñábase unha treboada.
Os doce anos afundido no mutismo e no hastío máis absolutos nuns intres non serían máis ca un mal recordo.
Os pasiños facíanse cada vez máis presentes, puiden percatarme de que xa entrara no recibidor do meu cuarto, e o encontro era inminente. Non había marcha atrás, a sorte estaba botada, e todo parecía apuntar que por unha vez a moeda ia caer do meu lado, por una vez en doce anos ia conseguir que alguén me dixese algo, que me tratasen dun xeito distinto.
Un lóstrego iluminou o cuarto e un berro afogado subiu dacabalo do eco por todo o pazo, a luz iluminou todo o tempo suficiente para que a miña bela e inesperada invitada divisara unha vella e descoidada lámpada de aceite e a acendese, non sen pouco traballo por causa da humidade … aquela maldita humidade que tanto dano me tiña feito nos derradeiros doce anos.
A lene e amarela luz do candil facía un pouquiño máis acolledor aquel frío cuarto. Mentres tanto a miña invitada
vagaba pola estancia, movida pola curiosidade ou quizais na busca dalgún vestixio de vida que a fixese sentirse ben.
Mentras arrandeaba a vella pero aínda confortable mecedora co candil apoiado no seu xeonllo advertiu un reflexo ó fondo do cuarto, ergueuse engordiño, cunha chea de ruxires baixo dos seus minúsculos, delicados e preciosos pés. Achegouse de vagariño ó reflexo.
Fóra a treboada facíase cada vez máis presente. Un lóstrego foi bater coa vella gárgola de bronce do torreón da parte norte do pazo, e fixo un estrondo enxordecedor.
Dende a miña privilexiada posición podía ver como acicalaba e colocaba cos seus longos e finísimos dedos a longa e loira melena. Doce anos de sopor e ostracismo parecía que ian desaparecer dun intre a outro.
Cando xa estaba diante de min e estirando a súa branca man, acariñoume cun lene movemento de esquerda a dereita. Puiden entón senti-la calor daquela man, o recendo a xazmin, romeu e inocencia, o lene pisar dos seus delicadiños pés no chan de cedro e incluso a sensación de que aquela sería a vez que máis preto ía estar dunha muller fermosa.
Eu estabaa vendo, tranquila, doce, confiada,… tiñaa tan preto… pero á vez moi, moi lonxe, e ela … ela … no canto de verme a min…, estábase vendo a si mesma, baixo da lene e amarela luz do candil, naquel ancián espello de madeira de noceira coa ánima danada pola la carcoma e a soidade, no pazo a escasos metros do pantano, naquela noite de treboada en novembro do 1811.
terça-feira, 27 de novembro de 2007
CANTIGAS DE CANTEIROS

sábado, 24 de novembro de 2007

Aínda sendo un deus, non podía dar credo ó que estaba a ouir …
Máis de tres mil anos de existencia, e endexanáis lle pediran un desexo coma aquel …
Co cansazo apoiado nun humilde caxato, torpemente tallado nunha vara de aveleira, e unha túnica que, en calquera momento podía deixar tóda-las súas miserias máis ó descuberto se cabe, aquel home, volveu exhalar un fío de voz para deixar outra vez constancia do seu desexo.
-Sei que lle parecerá unha nimiedade, dixo, cos ollos moi abertos nun van intento de parecer máis sinceiro do que estaba sendo- pero xúrolle, que non intento rirme de vostede, o que lle estou a pedir, é o que en realidade desexo, e nas súas mans está concedermo.
-¿Acaso pensas que son estúpido? Díxolle aquel deus nun ton anoxado.
¿Estasme dicindo que camiñaches durante seis días para pedirme iso …? ¿É que non te das conta da túa pobreza …? ¿Por qué non fas coma tódo-los demáis e me pides algo para sair da túa miseria …?
Aquel ancián nin tan sequera tivo valor para contestar de viva voz, así que se limitou a arrandea-la cabeza da dereita á esquerda un par de veces.
Aquel deus, que nese intre tiña na face unha expresión pouco amigable, cambiou de actitude e achegándose lentamente a él, deulle unha aperta durante cinco longuísimos segundos e díxolle á orella:
-Mentiría se non che dixese que morría de curiosidade por saber por qué me pides iso, mentiría se non che dixese que morrería de angustia ó saber que podo facer algo por ti, e non o fago; así que volve á túa casa … e desfruta do teu desexo …
O ancián mirouno ós ollos, e logo de darlle as grazas, coa ollada máis ca con verbas, recolleu no talle a súa desfiañada túnica e co caxato de aveleira na súa man dereita, marchou por onde viñera, consciente de que nalgún intre a súa súprica sería escoitada.
Máis de seis días despóis, co cansazo apretándolle os ósos, o ancián entrou naquel furado escarbado na rocha ó que teimaba en chamar fogar.
Acendeu un candil, sentou no chan, coas pernas cruzadas e ó vira-la cabeza, un brillo na penumbra chamoulle a atención, era o seu desexo … unha cunca de té.
O suficientemente quente para agardar o momento idóneo para poder bebelo, o suficientemente doce para facer esquecer os máis de seis días de penoso camiño e … servido en bandexa de prata … como se serven as oportunidades.
Rematou.
quinta-feira, 1 de novembro de 2007
VIDA E MORTE DE MILUCHO

para ensalzar mais se cabe a figura dun dos persoeiros mais
salientables da cultura popular galega, estoume a referir
como non, o ilustrìsimo Milucho MacCallan Cajaraville.
A el debèmoslle tantas aportaciòns os diferentes campos da
cultura, que necesitariamos unha libreta das gordas para
apuntalo todo.
Milucho foi un dos impulsores da carreira espacial en Galicia.
Intentou poñer en òrbita un chimpìn atàndolle media ducia de
foguetes das festas, 3 anos despois, cando espertou do coma
que lle produciu tan tremebunda explosiòn, Milucho formulou o
seu seguinte soño... facer unha estaciòn espacial a base de
xestas e cachos de uralita.
Home de espiritu incansable e tolo coma un can pola
deflagraciòn do seu chimpin espacial, Milucho, a base de tesòn
esforzo e sacrificio, estudiou para deixar de ser aquel home
estùpido e pailàn, para ser pailàn a secas
No campo da zooloxia fixo descubrimentos asombrosos coma as
novas especies descubertas nas selvas de Godos e Mosteiro. A
el debenselle o coñecemento para o mundo da colebra pitadora,
o koala do pais, o hipopòtamo de palleiro, e as personas de
Baion. Estas ùltimas, estan sendo minuciosamente estudiadas
pola sua capacidade de inxerir litros de barniz e kilos de
jalletas de coco sen sufires efecto secundario algùn.
Nos ùltimos anos da sua vida, Milucho entregouse por completo
a adicciòns perigosas ( Nolotiles e camisas de terlenka) o que
o fixo caer na depresiòn mais profunda e nalgunha cuneta
tamèn.
Precursor das artes marciais en galicia foi quen de inventar o
kung fu do paìs.. e de se-lo primeiro ninja pandereteiro do
mundo.
FIN DA PRIMEIRA PARTE.
CON TEMA QUE ESTOU A TRATAR.
terça-feira, 30 de outubro de 2007
ALECRÌN
VERSIÒN CHANTADA DA MUIÑEIRA DE CANTADA

NIN TEÑO MAIS QUE DAR
NIN TI TES MAIS QUE PEDIRME
MELLOR E LONXE DE TI
QUE TAN PRETO QUE POIDAS FERIRME.
SABENDO QUE O CANTAR
DO MEU LADO TI MARCHABAS
DIA E NOITE CANTABA
E BAILABA NO SERÀN
DA TUA BOCA BEBIN
MESTURA DE MEL E AUGA
DOS TEUS OLLOS COLLIN
TODA A LUZ QUE SOBRABA DO ALBA
AGORA ESO PASOU
TAN SO ME QUEDAN TORMENTOS
VAI ANDANDO PRO INFERNO
CO DEMO BEN TE AS LEVAR.
ESTIVECHES A BEBER
DAS MIÑAS HORAS PERDIDAS____ESTRIBILL®
XUNTO A MIN QUERES VOLVER
PARA TE CURA-LAS FERIDAS.
XA NON TEÑO MAIS QUE DARCHE
NIN TI TES MAIS QUE PEDIRME
TAN SO QUERO UNHA VIDA
E VIVI-LA BEN LONXE DE TI
CANDO MIRAS PARA MIN
DESA MANEIRA CALADA
SEI QUE ME VAS FERIR
COS PUÑAIS DAS TUAS PALABRAS
SON SOMBRA DO QUE FUN
E TI NON ES O QUE ERAS
O INVERNO EMPEZA EN ABRIL
ES COMA UN LADRÒN DE PRIMAVERAS
SABENDO QUE O MORRER
CONTIGO IRIA O CEO
MARCHARIA PRA O INFERNO
E CON DEUS TI AS QUEDAR
domingo, 28 de outubro de 2007
sexta-feira, 26 de outubro de 2007
TEÑO PROBLEMAS
Exemplo gràfico do meu problemaquarta-feira, 24 de outubro de 2007
!OSTIA¡
terça-feira, 23 de outubro de 2007
F.I.N FEDERACIÒN INTERNACIONAL DE NOIVOS
1- NOS, OS HOMES SEMPRE VOS IMOS DA-LA RAZÒN PERO.. UNHA FALDA NUNCA NOS PARECE SUFICIENTEMENTE CORTA
2-TENDES QUE APRENDER QUE A FRASE "DEIXA XA VOU EU..." E UNHA FRASE FEITA, ES NON INDICA NINGUN DESEXO DE FACER ABSOLUTAMENTE NADA
3- POR FAVOR COPIA ISTO, IMPRÌMEO, E PÈGAO NUN LUGAR VISIBLE
O CUARTO DE BAÑO NON È UNHA SALA DE ESTAR
4-RESOLVE O SEGUINTE PROBLEMA:
XAN QUEDA CON MARTA PARA IR Ò CINE AS 20:00, ¿ A QUE HORA TEN QUE METERSE MARTA NA DUCHA??
( UNHA PISTA PARA AS LOIRAS ES AS MODELOS, !!! MOITO ANTES DAS 20:00¡¡¡
5 ¿POR QUE VOS ENFADADES TANTO CANDO MERCADES UNHA FALDA NOVA E NON NOS DAMOS CONTA? NOS AS VECES, COMPRAMOS UNHA BROCA DO 6 E A VOS PARECE QUE NIN VOS VAI, NIN VOS BEN....
6-APRENDEDE ESTO:
AS MIÑAS AMIGAS NON TEÑEN ESCOTE, CHÀMASE SINCERIDADE PECTORAL
7- QUE UN ARTIGO TEÑA O 50% DE REBAIXA NON INDICA EN ABSOLUTO QUE O TEÑADES QUE MERCAR, ASI EVITAREDES TER NA CASA, DUCIA E MEDIA DE TRAXES DE APICULTOR
8 SE QUIXERA OUIR UN ZUMBIDO ABSURDO METERIA A CABEZA NO MOTOR DUN SEAT PANDA. ASI QUE NA MEDIDA DO POSIBLE, NON DESPOTRIQUES CONTRA A TELEVISIÒN MENTRAS DAN AS NOTICIAS, E O PEOR.. LOGO NON PREGUNTES QUE ESTABAN A DICIR
9-¿POR QUE VAS PREGONANDO QUE SE CHE DESPERTOU O INSTINTO MATERNAL. E SE POR EXEMPLO UN NENO ATROPÈLATE NO PARQUE CA SUA BICI, TEN TODAS AS PAPELETAS PARA REMATAR CON PARTE DO MANILLAR METIDO NAS TRIPAS?
10-¿DONDE CREEDES QUE ESTÀ A GRACIA DE PASEAR POLO CAMPO DA FESTA CUN HIPOPÒTAMO VIOLETA XIGANTE COLGADO NA CHEPA? XA QUE TIÑAS TANTO EMPEÑO EN XOGAR NA TOMBOLA... LEVALO TI.
11- NORABOA... CON ESE REXIME DE 15 DIAS XA PERDECHES 2 SEMANAS
12-CANDO SE ME VOLVA A SOLDA-LO OSO DA MANDIBULA EICHE EXPLICAR POR QUE NON LLE DEBES CHAMAR PUTA À MOZA DUN CULTURISTA
13 ¿POR QUE NON SABEDES POÑER A POSTURA DE BOXEAR?
14 ¿DE VERDADE PENSADES QUE VOS DIGAN 37 VECES POR TELÈFONO "VEÑA... VEMONOS MAÑÀN..." È NORMAL?
15 CONTOCHE UN CHISTE E DIS.. !QUE MALO È ! PERO BOTAS A RIR IGUAL... NON O ENTENDO...
16-¿POR QUE CANDO VOS PEDIMOS QUE ESCOITEDES UNHA CANCIÒN, MIRADES PARA O ALTAVOZ... ? NON VOS QUERO SACA-LA ILUSIÒN PERO... DENTRO...NON HAI NINGUÈN
17- A UNICA DIFERENCIA ENTRE UNHA COLMEA DE ABELLAS . E TI ROSMANDO.. E QUE OS 2 MINUTOS, O SON DAS ABELLAS E MOITO MAIS AGRADABLE.
18 QUEDA CLARO QUE COCIÑADES MELLOR QUE NOS.. PERO... ACLARAME ESTOS 2 PUNTOS..
- ¿ONDE ESTÀ O GATO?
- ¿POR QUE HAI UN AXOUXERE NA BANDEXA DO POLO?
¿DE ONDE VOS BEN ESA AFICIÒN DE COMPRAR OS APARATOS QUE ANUNCIAN NA TELETIENDA? E O PEOR.. POR QUE DESPOIS DE QUE ESTÀ ENCARGADO PREGUNTADES ¿ CREES QUE FUNCIONARÀ?
19- TI VES SEXO EN NEW YORK E NON PASA NADA.. EU VEXO TOTAL PENETRATION VII E SON UN PERVERTIDO.. NON O ACABO DE ENTENDER
20 TI NON ENGORDAS.. O QUE PASA E QUE POLAS NOITES HAI UNHA PANDILLA DE GNOMOS QUE SE ADICAN A ENCOLLERCHE A ROUPA.... SI SI .. ESO È .
21- DEMOSTRADES UNHA HABILIDADE PASMOSA PARA APRENDER COREOGRAFIAS IMPOSIBLES, E O POUQUIÑO TALENTO QUE TENDES PARA SINTONIZAR OS CANLES DA TELE.
22- SEMPRE IGUAL... DICIDES. "VOU COLLER 2 COUSAS Ò SUPER"... E TI DISLLE... ¿ COLLO UN CESTO...? E SEMPRE DICIDES O MESMO..." QUE VA CARI,, SI SOLO SON 2 COSAS..." 5 MINUTOS DESPOIS ,TEÑO NAS MANS 1TAMBOR DE DETERGENTE LAGARTO, QUE CURIOSAMENTE... NA CASA HAI 2 ENTEIROS , PERO... ESTE TEN O 0,25 % DE DESCONTO E HAI QUE APROVEITALO, 12 CARTÒNS DE LEITE SEMIDESNATADA QUE PESAN IGUAL QUE SI LEVARA 4 KILOS DE NATA, 1 PAQUETE DE AUGA , 2 REPOLOS, 3 KILOS DE MAZÀNS, 1 PAQUETE DE CHICHAROS DO PAIS BAIXOS EN SODIO E RICOS EN FIBRA CON ALFAHIDROXIACIDOS. MAIS REPOLOS..E UN PAR DE COUSAS MAIS.... MENTRÀS TI... VAS PASEANDO POLO SUPERMERCADO TODA "AGOBIADA" CO TEU BOLSO DE TOUS QUE CURIOSAMENTE ME ENSINACHES O DIA ANTES DO TEU CUMPLEANOS.
23- PREGUNTARME SE ESE PANTALÒN QUE LEVAS POSTO CHE FAI AS CADEIRAS MOI ANCHAS È COMO SI ME PREGUNTAS SE ESE COLLAR QUE LEVAS CHE FAI AS ORELLAS PEQUENAS
24- QUE TI ESTÈS A DIETA ,NON QUERE DICIR QUE EU EN MENOS DUN MES ACÀBEME PARECENDO A GANDHI, XA QUE A UNICA DIFERENCIA ,ENTRE A COMIDA QUE ME POS NA MESA ,E UN FARO DE VIGO FERVIDO EN AUGA, E QUE O FARO DE VIGO TEN ALGO DE SABOR GRACIAS A TINTA.
25-NOS, OS HOMES, ADMITIREMOS QUE NON DEBEDES SER DISCRIMINADAS POR RAZÒNS DE SEXO CANDO...
- PENSEDES NO SEXO 23 HORAS O DIA
- MANTEÑADES O MESMO SENTIDO DO HUMOR O 98% DO TEMPO
- VOS DEADES CONTA DE QUE BEN AFLECK E UN MAL ACTOR
26- A VELOCIDADE À QUE CIRCULA UNHA INDIVIDUA POR UN ESCAPARATE DE ZARA E INVERSAMENTE PROPORCIONAL À QUE CIRCULA POR DIANTE DUN SEX SHOP
27- NON LLE DEADES MAIS VOLTAS... BEN AFLECK E UN MAL ACTOR
28- SE NON VOS GUSTAN ESE TIPO DE PELICULAS.. CANDO MENOS PODIADES ESTAR CALADAS E EVITAR COMENTARIOS DO TIPO " QUE PEINADO MAS HORTERA LLEVA ESA TIA... " " QUE POCO SEXY ES ESE TIO".... ANDA QUE PARA NON GUSTARVOS FIXADEBOS DEMASIADO... ¿ NON CREEDES...?
29- DE VERDADE NON TENDES OUTRA FORMA DE COMER UN PLÀTANO...
30 AS CÀMARAS DE VIDEO CANDO ESTÀN APAGADAS TEÑEN UNHA LUCECIÑA VERMELLA ENCENDIDA E ZUMBAN LIXEIRAMENTE.. ASI QUE, TI SIGUE Ò TEU QUE MAÑÀN VOU SER O REI DO EMULE
31 NON HAI NADA QUE NOS GUSTE MAIS QUE UNHA BOA QUEIXA NO MOMENTO EN QUE ESTOU DESNUDO ENRIBA DE TI E SIN APENAS SANGUE NA CABEZA, ASI QUE OS COMENTARIOS TIPO....
- NON ME ARRUGUES AS MEDIAS
- VAI MOITA CALOR... VAI MOITO FRIO
- ESA MÙSICA DE FONDO QUE POS NON ME GUSTA
- ESA MÙSICA DE FONDO QUE POS LEVA FLISCORNIO
- NON SEI QUE HOSTIA E UN FLISCORNIO...
¿¿¿¿ .¡¡¡¡¡.PODEDES EVITALOS.... ! !!!!!!!! ?????
32- NON ESTOU DE ACORDO CON QUE ME DIGAS QUE ONTE CHEGUEI BORRACHO A CASA... SABES PERFECTAMENTE QUE EU OS MARTES TEÑO POR COSTUME CHEGAR DESNUDO A CASA E MEXAR NO CAIXÒN DA CUBERTERIA
33- AS FRASES... SACASME DAS MIÑAS LADILLAS... MORTO O REI ACABOUSE O CAN... A CAN MORTO REI POSTO... NON EXISTEN.. SO AS COÑECES TI...
69- DESTE PUNTO MELLOR NON FALAR.
SI ALGUNHA MULLER SÌNTESE OFENDIDA POR ESTE TEXTO, CANDO ME VEXA POLA RUA POR FAVOR DÀDEME UN BICO.. E SE NON TAMÈN.
sábado, 20 de outubro de 2007
ROSEIRAS DO MES DE ABRIL
Como roseiras do mes abril
Tiven amores de flor dun dia
Ti tan pretiño i eu non te vin
Onde andiveches miña alegria
Como roseiras do mes de abril
Como as augas dun manantial
Que afogan penas mollando a ialma
Como a choiva tras dun cristal
Deixaches o meu vento en calma
Como roseiras do mes abril
neses teus ollos azul cristal
quero ver pasa-la miña vida
ca tua voz de color coral
quero que cantes miña alegria
como roseiras do mes de abril
da tua boca quero beber
unha mestura de mel e auga
na tua cara hei de poñer
toda luz que sobre do alba
como roseiras do mes de abril
FALAR A DESHORA
PEOR CA FAME, E NON TER VERGONZA…
FALAR A DESTEMPO
E CALAR A DESHORA
E BERRAR AS MISERIAS
DOS QUE CALAN E CHORAN
POIS BERRAR E CANTAR
DIFAMAR E CONTAR…
NON CHE È A MESMA COUSA.
MELLOR E CALAR
QUE FALAR A DESTEMPO.
MELLOR E CHORAR
QUE FALAR O TEU XEITO.
DE TODO Ò QUE SABES
ESQUEZE TRES COUSAS
O MEU NOME,
FALAR A DESHORA,
E A TUA FAME DE NOVAS HISTORIAS
POIS SÒ CANDO O CONSIGAS
CHORARAS DE VERGONZA.
PENSAS QUE SABES
E SABES… QUE IGNORAS
E SINTESTE GRANDE
ANTE TODALAS COUSAS.
E A ESA GRANDEZA
RIOLLE CON SORNA
OU TI QUE TANTO SABES…
¿COMO NON TE DAS CONTA?
CANTO MAIS CHE VALDRIA
ESQUEZER ESTAS TRES COUSAS
O MEU NOME
A TUA FAME
E FALAR A DESHORA.
SE MICROSOFT FIXERA GAITAS

- UN ANO ANTES DE QUE SAIRAN O MERCADO, XA ESTARIAN EN INTERNET PARA QUE AS POIDAS PIRATEAR
- EN CANTO APRENDERAS UNHA CANCION NOVA TERIAS QUE MERCAR OUTRA GAITA.
- O TOCAR CERTAS PEZAS A GAITA DEIXARIA DE SOAR E NADA MAIS FUNCIONARIA SE A DESMONTAS PEZA POR PEZA E A MONTAS DE NOVO ( A ESTA OPERACIÒN CHAMARIANLLE REINICIO)
- ANTES DE FACER UNHA OPERACION SENCILLA COMA APRETA-LO FOL. ATURUXAR OU SOPLAR.. APARECERIA A MENSAXE
CANCELAR REPETIR IGNORAR
- O PUNTEIRO SERIA SUSTITUIDO POR UN RATO
- PARA CAMBIALA PALLETA HABERIA QUE CONFIGURA-LA GAITA DE NOVO TENDO QUE CAMBIAR TODAS AS MADEIRAS .OS FLECOS E FORRO DO FOL
SUBIMOS OU BAIXAMOS?
- PROFESOR DE PRIMARIA- PARA SUBIR
- PROFESOR DO S.E.K- DA IGUAL.. ESTADES APROBADOS
- PLATÒN O GALEGO COMA INDIVIDUO SOIO BUSCA A SUA PARTE DE PAZ NA SOCIEDADE
- GEORGE W BUSH- TIVEMOS QUE BOMBARDEAR A ESCALEIRA, O GALEGO REPRESENTABA UNHA AMEAZA PARA A PAZ MUNDIAL
- BILL GATES- ESTE ANO IMOS LANZAR UNHA NOVA VERSION DE HOME GALEGO, CAPAZ DE SUBIR ESCALEIRAS UN 54% MAIS RÀPIDO QUE A PERSOAS DOUTRAS COMUNIDADES E COMPATIBLE CO WINDOWS XP
- JOSE LUIS RODRIGUEZ ZAPATERO.. TEMOS QUE DEMOSTRAR UN TALANTE DIALOGANTE E CONCILIADOR, TANTO COS QUE SUBEN COMO COS QUE BAIXAN, E CREAR UN GOBERNO PARITARIO ,CO MESMO NUMERO DE GALEGOS QUE DE ESCALEIRAS
- EDGAR ALLAN POE- DE PRONTO.. A ESCALEIRA ENCHEUSE DE VISCERAS E SANGUE .. E O GALEGO LAMBIA O FUCIÑO.... DESPOIS DE VER TAN EXQUISITO MANXAR
- DAVID COPPERFIELD.. NADA POR AQUI....NADA POR ALÀ... !!! DESPARECEU O GALEGO A ESCALEIRA E O DIOS QUE OS BOTOU A ESTE MUNDO!!!!
- DARWIN... A EVOLUCION NATURAL ENCARGOUSE DURANTE SÈCULOS MEDIANTE UN PROCESO DE SELECCIÒN NATURAL DE MODIFICACIÒN XENÈTICA QUE OS GALEGOS SUBIRAN CADA VEZ MAIS RÀPIDO AS ESCALEIRAS
- XOSE RAMÒN GAYOSO... DOULLE 150 € A QUEN CHAME O LUAR E DIGA DE QUE COR E A ESCALEIRA
- MANUEL FRAGA כּמּסּאַשׁflﮓכּמּסּאַשׁflכּמּכּמּסּאַשׁflﮓכּמּסּאַשׁ flכּמּכּמּסּאַשׁ
flכּמּכּמּסּאַשׁflﮓכּמּסּאַשׁ כּמּסּאַשׁכּמּאַשׁ כּמּסּאַשׁ כּמּסּאַשׁ כּמּסּאַשׁ כּמּסּאַשׁflﮓכּמּסּאַשׁכּמּסּאַשׁ כּמּאַשׁ כּמּסּאַשׁ כּמּסּאַשׁ כּמּסּאַשׁ כּמּסּאַשׁ כּמּאַשׁ כּמּסּאַשׁ כּמּסּאַשׁ כּמּסּאַשׁ כּמּסּאַשׁflﮓכּמּסּאַשׁכּמּסּאַשׁ כּמּאַשׁ כּמּסּאַשׁ כּמּסּאַשׁ כּמּסּאַשׁ
GANDALF A ESCALEIRA DEBE SER DESTRUIDA PARA EVITAR QUE O GALEGO DOMINE A TERRA - GREENPEACE. FAREMOS UN ESTUDIO PARA ANALIZAR O IMPACTO MEDIO AMBIENTAL DA ESCALEIRA SOBRE OS GALEGOS I EN CASO DE QUE SEXAN NOCIVOS IMONOS ENCADEAR O PASAMANOS
- FIDEL CASTRO CAMARADAS!!! IMOS RESPONDER CON DECISIÒN A PROVOCACION DE EE.UU DE APUNTARNOS CUN GALEGO DE CABEZA NUCLEAR
- MARTIN LUTHER KING. ONTE TIVEN UN SOÑO ..... SOÑEI CUN MUNDO ONDE OS GALEGOS SUBIAN E BAIXABAN LIBRE POLAS ESCALEIRAS SEN NINGUN TIPO DE PRESIÒN SOCIAL
- EINSTEIN.. SE O GALEGO SUBE OU BAIXA DEPENDE DO TEU PUNTO DE REFERENCIA... È RELATIVO
- JORGE JAVIER VAZQUEZ- QUE FUEEERRRRTE ¡EXCLUSIVA EN AQUÍ HAY TOMATE, TEMOS O TELÈFONO O SOBRIÑO DO CARPINTEIRO QUE BARNIZOU A ESCALEIRA…
- HARRY POTTER – ¡GALLEGUM ELEVAM ESCALIRAT¡
- PEDRO ALMODOVAR FAREI UNHA PELICULA DUN TRANSEXUAL GALEGO QUE SUBE POR UNHA ESCALEIRA E DASE CONTA QUE O QUE QUERE SER SE UNHA PANDERETEIRA PORNO STAR
- UN PSICÒLOGO. ESTÀ CLARO QUE A PERSOAS QUE SE PARAN A REFLEXIONAR SOBRE ISTO E POR QUE TEÑEN UN SENTIMENTO DE CULPA ENORME, POR VIVIR A SUA HOMOSEXUALIDADE DE XEITO OCULTO DURANTE TODA A VIDA.
- UN FUNCIONARIO. VEÑA MAÑAN AGORA MESMO TEÑO QUE SAIR E NON PODO ATENDELO
CONTINUARÀ....
NON SON PARVO
sexta-feira, 19 de outubro de 2007
CANTO DE CEGO DE FLORENCIO O CEGO DA FONTANEIRA
que lle chamaban Leonor.
Un día estaba cosendo
enriba do corredor
o corredor era vello
tiña aberturas no piso
si de abaixo se miraba
víase un paraíso.
Mais o fillo do estanqueiro
que alí veu a Leonor
marchou coma unha centella
pra baixo do corredor
e ó mirar hacia arriba
cos seus ollos contemplaba
as pernas de Leonor
nunha banqueta sentada.
Tapa esas pernas Leonor
que senón un engano vexo
enrriba desa banqueta
as ourellas dun conexo.
Pois en canto esté solteira
ben seguro podes ter
que as ourellas do conexo
non as volveras a ver.
Non te apures Leonor
porque as pernas che mirei
xa vexo que as tes guapiñas
contigo me casarei
.Vai ó carallo Saturio
quen che botara na cara
un bo chorro de auga quente
pra que a vista che cansara.
Foi un gran día de voda
un gran día de placer
os dous casados e novos
deitáronse ó escurecer
e ó empeza-la tarea
dixo a rapaza asustada
brinca despacio Saturio
que vas a rompe-la cama.
Alá pola media noite
Saturio estaba cansado
quixo empezar a brincare
xa non deu terminado
Vaia por dios! dixo ela
xa non te manexas ben
cando hoxe estás cansado
que farás dentro dun més.
TRADUCCIÒN LIBRE
SO CON VE-LOS TEUS OLLOS
a arte de respirar e respirarte
pòdese amar a mares.
podo asombrarme ainda cando non hai sol
que mece-las palabras na boca o falar
que despois de ti chega a primavera
e todo esto... so con ve-los teus ollos
23 ROSAS AMARELAS
Cada seràn, minutos antes da posta do sol , aquel home agardaba pacientemente na porta do vello faro.
Ataviado cun impecable chaquè negro, Aquel home intentaba disimula-los nervios e a impaciencia camiñando, de xeito compulsivo pero moi elegante polo reducido perímetro do vetusto e abandoado faro
Ollaba o reloxio con xesto preocupado, sen perde–lo sorriso , e cun brillo nos ollos de gran triunfador, mordiase o beizo inferior denotando unha intraquilidade que so desapareceria no mesmo momento en que ela aparece ante os seus ollos.
Aquel home de ollada cansada pero viva, detivera o seu reloxio xusto na hora na que coñeceu a que dicia era a muller da sùa vida .
Vintetrès rosas amarelas penduraban mainiñamente da sua man esquerda preocupandose que estiveran perfectas , igual que o seu cabelo , igual que o brillo dos seus zapatos, igual que o pano de seda dilixentemente colocado no peto da sua chaqueta.
Pero… aquela tarde non ia a ser distinta... i ela non apareceu...
Non mais abatido que os ùltimos 53 anos de espera, marchou o seu pequeno apartamento a escasos 150 metros do faro
Días máis tarde, aquel home que permanecia sentado naquel banco de pedra situado a caròn do faro tivo o presentemento de que algo ia a cambiar na sua vida. Agardau ata que o cansancio apoderouse del e rindeuse o sono
O despertares, apenas 20 minutos despois , veu abraiado que as vintetres rosas amarelas non estaban na sua man , i en lugar delas , unha nota que dicia_
“A luz do faro separounos , a luz do faro uniranos de novo”.
Sempre contigo
Mayte M.
Dias despois, un xoven do lugar contoume a historia dun naufragio por culpa dunha averia no faro onde Mayte, perdeu a vida, e como aquel home despois de vestirse co seu impecable chaquè negro, despois de colocar mainiñamente as 23 rosas amarelas, despois de mirar no reloxio inútilmente as eternas 20:10 do seràn subiu o mais alto do faro para poñer fin a unha espera que xa durara dabondo , mais do que pode esperar un home, à muller da que està namorado.
quinta-feira, 18 de outubro de 2007
AINDA QUE NON ESTÀS
aprendìn por primeira vez o significado da palabra humildade
sempre na miña memoria..... a minha vellinha



