Bartolo tiña unha filla
que lle chamaban Leonor.
Un día estaba cosendo
enriba do corredor
o corredor era vello
tiña aberturas no piso
si de abaixo se miraba
víase un paraíso.
Mais o fillo do estanqueiro
que alí veu a Leonor
marchou coma unha centella
pra baixo do corredor
e ó mirar hacia arriba
cos seus ollos contemplaba
as pernas de Leonor
nunha banqueta sentada.
Tapa esas pernas Leonor
que senón un engano vexo
enrriba desa banqueta
as ourellas dun conexo.
Pois en canto esté solteira
ben seguro podes ter
que as ourellas do conexo
non as volveras a ver.
Non te apures Leonor
porque as pernas che mirei
xa vexo que as tes guapiñas
contigo me casarei
.Vai ó carallo Saturio
quen che botara na cara
un bo chorro de auga quente
pra que a vista che cansara.
Foi un gran día de voda
un gran día de placer
os dous casados e novos
deitáronse ó escurecer
e ó empeza-la tarea
dixo a rapaza asustada
brinca despacio Saturio
que vas a rompe-la cama.
Alá pola media noite
Saturio estaba cansado
quixo empezar a brincare
xa non deu terminado
Vaia por dios! dixo ela
xa non te manexas ben
cando hoxe estás cansado
que farás dentro dun més.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário