sexta-feira, 19 de outubro de 2007

23 ROSAS AMARELAS

Din que un ten a idade da muller da que està namorado, asì que supoño que aquel home debería ser un rapaz de 23 anos, atrapado no corpo dun ancian de 81.
Cada seràn, minutos antes da posta do sol , aquel home agardaba pacientemente na porta do vello faro.
Ataviado cun impecable chaquè negro, Aquel home intentaba disimula-los nervios e a impaciencia camiñando, de xeito compulsivo pero moi elegante polo reducido perímetro do vetusto e abandoado faro
Ollaba o reloxio con xesto preocupado, sen perde–lo sorriso , e cun brillo nos ollos de gran triunfador, mordiase o beizo inferior denotando unha intraquilidade que so desapareceria no mesmo momento en que ela aparece ante os seus ollos.
Aquel home de ollada cansada pero viva, detivera o seu reloxio xusto na hora na que coñeceu a que dicia era a muller da sùa vida .
Vintetrès rosas amarelas penduraban mainiñamente da sua man esquerda preocupandose que estiveran perfectas , igual que o seu cabelo , igual que o brillo dos seus zapatos, igual que o pano de seda dilixentemente colocado no peto da sua chaqueta.
Pero… aquela tarde non ia a ser distinta... i ela non apareceu...
Non mais abatido que os ùltimos 53 anos de espera, marchou o seu pequeno apartamento a escasos 150 metros do faro
Días máis tarde, aquel home que permanecia sentado naquel banco de pedra situado a caròn do faro tivo o presentemento de que algo ia a cambiar na sua vida. Agardau ata que o cansancio apoderouse del e rindeuse o sono
O despertares, apenas 20 minutos despois , veu abraiado que as vintetres rosas amarelas non estaban na sua man , i en lugar delas , unha nota que dicia_

“A luz do faro separounos , a luz do faro uniranos de novo”.
Sempre contigo
Mayte M.

Dias despois, un xoven do lugar contoume a historia dun naufragio por culpa dunha averia no faro onde Mayte, perdeu a vida, e como aquel home despois de vestirse co seu impecable chaquè negro, despois de colocar mainiñamente as 23 rosas amarelas, despois de mirar no reloxio inútilmente as eternas 20:10 do seràn subiu o mais alto do faro para poñer fin a unha espera que xa durara dabondo , mais do que pode esperar un home, à muller da que està namorado.

Nenhum comentário: